Sinopsis de A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO
Cansas da precariedade do seu oficio de pescadoras e limita-das por unha sexualidade vilega con escasas alternativas, as xemelgas bretoas Gaëlle e Gwenaëlle, con dezaoito anos acabados de facer, acordan viaxar a París co obxectivo de se internaren nas prácticas sexuais da modernidade. Será Yann, un seu curmán afastado, o que se encargue de lles facer de cicerone polos máis senlleiros antros do vicio, aínda que as expectativas de ambas as irmás non han resultar doadas de satisfacer. Ben lle acaería a esta historia a etiqueta de novela de formación se non fose porque subverte o concepto máis clásico, pois este bou patroneado por mans femininas navega polas augas da Bretaña arquetípica, da pesca, do sexo, da pornografía e das parafilias, na procura de coñecementos empíricos.
Fábula e sátira social con truculentos episodios eróticos e un ton que abala entre o cómico e o florido, o relato integra ademais unha visión irónica sobre o sexo e a sociedade, abrindo un conxunto de incisivas suxestións que complican calquera clasificación. A industria do sexo e do peixe empanado non atoparía mellor acubillo ca nesta colección que dispara contra o manido.
Ficha técnica
Traductor: Marie Abraira
Editorial: Hugin e Munin
ISBN: 9788494200502
Idioma: Gallego
Número de páginas: 134
Tiempo de lectura:
3h 7m
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Fecha de lanzamiento: 01/04/2014
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Es
Número: 5
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!