A NARRATIVA GALEGA ACTUAL (1975-1984): UNHA HISTORIA SOCIAL

XERAIS - 9788483020173

Historia y crítica de la Literatura Literatura española e hispanoamericana

Sinopsis de A NARRATIVA GALEGA ACTUAL (1975-1984): UNHA HISTORIA SOCIAL

Xoán González Millán realiza en A narrativa galega actual (1975-1984) a primeira historia social da narrativa galega. No primeiro capítulo do libro, �un novo fenómeno literario�, reflexiónase sobre algúns dos aspectos centrais que redefinen o fenómeno literario galego, sobre todo o esforzo dos diversos colectivos e institucións por consolidar a autonomía das prácticas asociadas co campo literario. No segundo, �A renovación do discurso narrativo� analízanse dimensións específicas do discurso narrativo e inténtase unha primeira disección dalgunhas tendencias que se consolidarían a partir de 1985, sinalándose os textos fundacionais e emblemáticos, os premios literarios e outras modalidades narrativas. Na terceira sección, que é a parte central do libro, faise un reconto anual de tódolos títulos narrativos que foron aparecendo dende 1975 ata 1984, ambos incluídos. Para cada ano ofrécese un resumo xeral seguido do estudio individualizado dos textos, presentando uns textos detrás dos outros, nunha cadea interrompida por eles mesmos, para produci-la imaxe dun espacio cultural invertebrado. Na análise de cada un dos textos buscouse facer un reconto da súa recepción crítica, co obxecto de recolle-la crónica da reflexión crítica sobre o discurso narrativo que se foi elaborando na década estudiada. No último capítulo, �Os manuais escolares e a canonización da narrativa� documéntase a intervención das institucións educativas no proceso de lexitimación social e canonización estética das obras narrativas a través dos manuais escolares de literatura, das antoloxías e da programación curricular no sistema educativo. O volume complétase coa relación da distribución anual de toda a producción narrativa do período estudiado e dos índices de obras e onomástico. O libro constitúe unha referencia imprescindible para os estudiosos da literatura galega, tanto como ferramenta de consulta, como de reflexión e investigación sobre o desenvolvemento da nosa narrativa.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483020173

Número de páginas: 389

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xoan Gonzalez-Millan


Descubre más sobre Xoan Gonzalez-Millan
Recibe novedades de Xoan Gonzalez-Millan directamente en tu email

Opiniones sobre A NARRATIVA GALEGA ACTUAL (1975-1984): UNHA HISTORIA SOCIAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana