Sinopsis de DESCENTRALIZACION FISCAL E DESENVOLVEMENTO
Faltaba un estudo completo, sistemático e rigoroso desta cuestión.
Afortunadamente, Alberte Turnes aceptou o reto de realizalo. Despois dunsanos intensos de investigación académica para a súa tese de doutoramento
ofreceunos unha detallada aproximación a este complexo problema, con rigore cunha perspectiva galega. O estudo, que agora podemos ver publicado,
resulta de moito interese tanto pola súa reflexión teórica coma, sobre todo,polo rigor do traballo empírico realizado. Neste estudo realízase unha
explotación orixinal dos datos oficiais -ben pouco transparentes, difíciles deobter por certo e contraditorios entre as diferentes fontes oficiais. Avánzase
nunha distinción, que eu considero crucial, entre o que podemos chamar unhaBalanza Fiscal Básica e unha Balanza Fiscal Ampliada. Os resultados
contradín os diferentes estudos previos realizados por encargo do gobernocentral pero tamén os realizados por encargo doutros gobernos como o catalán
ou o valenciano. Pero máis alá diso aborda un tema inédito de grandeimportancia: os efectos indirectos e os retornos para a economía madrileña do
gasto público licitado pola Administración Central para investimentos eninfraestruturas en Galiza. O resultado é realmente sorprendente e invita a unha
seria reconsideración do discurso oficial nesta materia. Merece a pena ler estelibro até o final con atención, lapis e papel.
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484875253
Idioma: Gallego
Número de páginas: 216
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/08/2021
Año de edición: 2021
Especificaciones del producto
Opiniones sobre DESCENTRALIZACION FISCAL E DESENVOLVEMENTO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!