Coa publicación desta segunda entrega d'' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da sua aparicion, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracions, clases e paises. Neste volume, A experiencia vivida, Simone de Beauvoir analiza a situacion de opresion que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, Formacion, estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciacion sexual; incorporando o lesbianismo. Continua na segunda, Situacion, analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitucion, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, Xustificacions, abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando a narcisista, a namorada e a mistica. Finaliza, na derradeira parte da obra, Cara a liberacion, propoñendo no seu unico capitulo, A muller independente, as duas vias que teñen as mulleres para sair da sua situacion de opresion, sen obviar as dificultades que atoparan nesa loita: a independencia economica como presuposto de calquera otra emancipacion legal, social ou xuridica e a loita das mulleres como colectivo consciente da sua opresion.Coa publicación desta segunda entrega d'' O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da sua aparicion, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracions, clases e paises. Neste volume, A experiencia vivida, Simone de Beauvoir analiza a situacion de opresion que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, Formacion, estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciacion sexual; incorporando o lesbianismo. Continua na segunda, Situacion, analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitucion, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, Xustificacions, abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando a narcisista, a namorada e a mistica. Finaliza, na derradeira parte da obra, Cara a liberacion, propoñendo no seu unico capitulo, A muller independente, as duas vias que teñen as mulleres para sair da sua situacion de opresion, sen obviar as dificultades que atoparan nesa loita: a independencia economica como presuposto de calquera otra emancipacion legal, social ou xuridica e a loita das mulleres como colectivo consciente da sua opresion.
Ver más