Sinopsis de A UNLLA DA AGUIA (PREMIO AVILES DE TARAMANCOS DE RELATO DE AVENTU RAS 2004)
O relato gañador do Premio “Avilés de Taramancos de relato de aventuras 2004” recaeu neste texto onde se trata a guerra da Independencia na vila de Noia. Tras a derrota de Elviña, o camiño queda espedito para as tropas francesas, que invaden Galicia ao mando dos xenerais Ney e Soult. Noia e a súa bisbarra non escapan á invasión e alí, Cachamuíña, oficial do exército ao mando do Marqués de la Romana, pretende organizar a defensa contra os franceses
Ficha técnica
Editorial: Toxosoutos
ISBN: 9788496259201
Idioma: Gallego
Número de páginas: 60
Tiempo de lectura:
1h 19m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/06/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Noia
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ramon Carredano Cobas
Ramón Carredano Cobas (Noia, 1950) é traballador da banca e escritor. Nos anos setenta foi cofundador con Xosé Agrelo do grupo de teatro Candea, co que percorreron todas as cidades e vilas de Galicia, levando o teatro aos máis remotos lugares. Actualmente segue vencellado ao teatro na Escola de Teatro Liceo de Noia e colabora nas revistas Casa da Gramática do I.E.S. Virxe do Mar de Noia, e Alameda do Liceo de Noia. Publicou as novelas Frei Samuel (2002), A unlla da aguia (2004), ambas as dúas obras gañadoras do certame de relatos de aventuras Avilés de Taramancos; Unha branca de cobre para Martiño (Xerais-Merlín, 2005), Premio Merlín de Literatura Infantil e Veleno tinto. Unha aventura de frei Samuel (Xerais-Fóra de Xogo, 2008).