Sinopsis de CADERNO DE CAMPO DAS ILLAS CIES / CUADERNO DE CAMPO DE LAS ISLAS CIES
"No salvaxe radica a preservación do mundo" escribiu Thoreau a propósito do camiñar pola natureza, e precisamente isto é o que che propón este caderno: catro rutas posibles polas illas Cíes guiadas polas ilustracións dun lagarto arnal, do corvo mariño cristado, de varias gaivotas patiamarelas... que crea en lapis e acuarela o artista José Arcas. Caderno de campo das illas Cíes é unha obra que pon en valor o carácter único da flora e fauna das illas a fin de promover o respecto á contorna desta paraxe e desfrutala desde unha perspectiva artística. Neste caso, a fermosa experiencia visual enriquécese ademais coas paisaxes sonoras do arquivo de Carlos Suárez.