📗 Libro en gallego VERDE OLIVA

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498654479

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VERDE OLIVA

O autor narra en primeira persoa a historia dunha inmigrante burguesa que se converte en axente do 26J e participa en misións arriscadas durante a revolución castrista. Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha revolución mítica contra o tirano que sometera a illa de Cuba. Velaquí Verde oliva, a historia desta filla de galego e crioula que se integra nunha rede secreta de axentes encargados de destruír o réxime do ditador. A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa dos azares da vida, veu ao mundo nunha aldea da Mariña luguesa o 20 de xullo de 1936. Así e todo, aos catorce anos desembarcaba no porto da Habana. Co mester do narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdade que, educada nun mundo burgués, intervén na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana. Mariana, a protagonista da novela, chega á Habana e, mergullada nos hábitos de cidade avanzada, recibe boa educación e participa do luxo dos que se permiten vivir en Tarará. O seu pai, republicano en Galicia, imbúelle ideas democráticas que baten coa ditadura de Batista; isto, xunto co ambiente do seu colexio e da academia de xornalismo á que asiste, lévana a participar no Movemento 26J.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498654479

Idioma: Gallego

Número de páginas: 416
Tiempo de lectura:
9h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/07/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 311
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Alcalá


Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
Descubre más sobre Xavier Alcalá
Recibe novedades de Xavier Alcalá directamente en tu email

Opiniones sobre VERDE OLIVA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana