Xesús Rodríguez López (Lugo, 1859-1917), médico de profesión, estivo especialmente preocupado por atinguir dous obxetivos esenciais na súa obra: dunha parte, o seu empeño diríxese a conseguir a transcrición máis fidedigna dos costumes e dos ambientes para trazar unha imaxe realista da vida galega do seu tempo; doutra, esa mesma fidelidade determínao a escribir nun galego no que léxico e sintaxe reflicten transparentemente a linguaxe cotiá dos campesiños. Escritor realista, pois, é autor de poemas, cadros de costumes, contos e mesmo pezas de teatro. Sen embargo, a súa sona nas nosas letras vén especialmente determinada por unha novela longa: A cruz do salgueiro (1899). Situada en espacios extragalegos, presenta unha decidida abundancia de acontecementos e ambientes, descritos con concisión. A cruz do salgueiro acada voz propia por constituír un decisivo paso adiante no emprego do idioma en calquera circunstancia, co que a narrativa galega camiña rectamente no proceso da súa plena normalización.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077956
Idioma: Gallego
Número de páginas: 313
Tiempo de lectura:
7h 26m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 1994
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Bib. Das Letras Galegas
Bib. Das Letras Galegas
Número: 000035
Especificaciones del producto
Escrito por XESUS RODRIGUEZ LOPEZ y ED. DE FLORENTINO URIARTE