📗 Libro en gallego A OLLADA DO DESEXO: OBRA FOTOGRAFICA 1933-1973

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482887357

Fotografía Fotógrafos

Sinopsis de A OLLADA DO DESEXO: OBRA FOTOGRAFICA 1933-1973

A OBRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR. Segundo deixou escrito o propio Blanco Amor, o seu arquivo fotográfico supera a cifra de 3.000 negativos. Galaxia recupera a obra fotográfica do autor da Esmorga coa publicación de A ollada do desexo, volume no que se inclúe unha selección de case 200 fotos, retratos, autorretratos, composicións paisaxísticas, vistas e fotos documentais.
Eduardo Blanco Amor, paralelamente ao seu labor de escritor e xornalista, desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade como fotógrafo, recollendo testemuños gráficos en todas as viaxes que realizou (Andalucía e Marrocos antes da Guerra Civil, Chile durante o exilio americano, Castela, Cataluña e Italia á súa volta a Galicia), amais de desenvolver unha importante obra fotográfica como retratista (serie de retratos de García Lorca, Aitana Alberti, persoeiros da Segunda República, autorretratos, emigrantes en Buenos Aires, etc.) e como observador orixinal e profundo da Galicia do seu tempo.

O obxectivo do libro é difundir unha obra fotográfica de indubidable calidade estética, creativa e variada, atenta á paisaxe, á xente, aos efectos da luz e á composición da imaxe. A mirada de Eduardo Blanco Amor é unha mirada que expresa o desexo de apreixar o mundo, de contemplalo dende a propia experiencia. As fotografías que se recollen neste libro son a mostra dunha actividade á que se dedicou non dun xeito circunstancial senón cunha intención claramente estética e documental e como a expresión da súa necesidade de apreixar o mundo no que viviu, de integralo na súa vida e de tentar explicalo desde a súa propia concepción da realidade. Unha obra eminentemente artística, resultado do interese do propio autor polas tendencias fotográficas da época e da historia da fotografía que nela se ven reflectidas: expresionismo, pictorialismo ou reportaxe.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482887357

Idioma: Gallego

Número de páginas: 204

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/10/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
Biblioteca Blanco Amor

Número: 5
Alto: 21.0 cm
Ancho: 24.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Eduardo Blanco-Amor


Eduardo Blanco-Amor

Eduardo Blanco Amor (1897-1979) nació en Orense y fue narrador, poeta y dramaturgo. Aunque alternó el uso literario del gallego y el castellano, la mayor parte de su obra literaria la escribió en gallego. En 1919 emigró a Argentina, donde empezó a trabajar en el periódico La Nación. Como corresponsal de ese medio volvería a España durante dos periodos: de 1929 a 1931 y de 1933 a 1936. En esa época conoció y trabó amistad con los principales escritores galleguistas (Risco, Castelao y Otero Pedrayo, entre otros) y con García Lorca, a quien le editaría sus Seis poemas galegos. El inicio de la guerra civil le sorprendió en Buenos Aires, donde trabajó durante la guerra a las órdenes del gobierno de la República. Empezó a escribir ficción con casi cincuenta años, pero es autor de dos de las mejores novelas españolas del siglo xx: La catedral y el niño(1948), que escribió en castellano, y La parranda (A esmorga, 1959), en gallego. Entre su producción narrativa destacan también Las musarañas (Os Biosbardos, 1962), Los miedos (1963) y Aquella gente… (Xente ao lonxe, 1972). Regresó definitivamente a España en 1966 y moriría en Vigo trece años más tarde.

Descubre más sobre Eduardo Blanco-Amor
Recibe novedades de Eduardo Blanco-Amor directamente en tu email

Opiniones sobre A OLLADA DO DESEXO: OBRA FOTOGRAFICA 1933-1973


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana