📗 Libro en gallego A TRAVES DO FUME (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017)

ANTONIO PIÑEIRO

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491511885

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A TRAVES DO FUME (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017)

PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017 Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe.A viaxe interior, a viaxe do tempo. Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491511885

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128
Tiempo de lectura:
2h 58m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 03/10/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Número: 374
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Opiniones sobre A TRAVES DO FUME (PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana