📗 Libro en gallego A VITORIA DO PERDEDOR

Edicións Xerais - 9788499143989

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A VITORIA DO PERDEDOR

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499143989

Idioma: Gallego

Número de páginas: 240
Tiempo de lectura:
5h 40m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/02/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 324
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 364.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos G. Reigosa


Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.
Descubre más sobre Carlos G. Reigosa
Recibe novedades de Carlos G. Reigosa directamente en tu email

Opiniones sobre A VITORIA DO PERDEDOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana