Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamen sobre a pintura, o seu desafio radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontaneo e vital, sen disfraces... Iso conten este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Portico da Gloria, a sua alma e a do Mestre Mateo xuntaronse nalgun recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutifero e se cadra interminable. Naceu asi o pintor mais intuitivo, enerxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeracion de Os Renovadores da Vangarda Historica galega. Rebelde contra as tradicions localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estetica granitica, sempre fiel as raices, pero tamen en profundo dialogo coas vangardas pictoricas internacionais. Deste xeito puido ser -e foino- un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclan e de Cunqueiro), cunha expresion artistica enxebre e universal a vez.Pintor de vigorosa ollada atlantica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue os grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Anton Castro, Laxeiro e "un dos pintores mais significativos e innovadores da España dos ultimos setenta anos". Algo que ninguen discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclue a conversa que ainda permanecia inedita realizada por Carlos G. Reigosa, tres epilogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Anton Castro e os pintores Anton Patiño e Leopoldo Novoa, ademais de sesenta e catro paxinas a cor que constituen tanto un percorrido fotobiografico como unha escolma da sua obra pictorica.Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamen sobre a pintura, o seu desafio radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontaneo e vital, sen disfraces... Iso conten este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Portico da Gloria, a sua alma e a do Mestre Mateo xuntaronse nalgun recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutifero e se cadra interminable. Naceu asi o pintor mais intuitivo, enerxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeracion de Os Renovadores da Vangarda Historica galega. Rebelde contra as tradicions localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estetica granitica, sempre fiel as raices, pero tamen en profundo dialogo coas vangardas pictoricas internacionais. Deste xeito puido ser -e foino- un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclan e de Cunqueiro), cunha expresion artistica enxebre e universal a vez.Pintor de vigorosa ollada atlantica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue os grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Anton Castro, Laxeiro e "un dos pintores mais significativos e innovadores da España dos ultimos setenta anos". Algo que ninguen discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclue a conversa que ainda permanecia inedita realizada por Carlos G. Reigosa, tres epilogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Anton Castro e os pintores Anton Patiño e Leopoldo Novoa, ademais de sesenta e catro paxinas a cor que constituen tanto un percorrido fotobiografico como unha escolma da sua obra pictorica.
Ver más