Sinopsis de MARTIÑO DE DUMIO: A CREACION DUN REINO
No comezo mesmo da Idade Media, Galicia está en condicións de dotarse dunha organización particular, entrando na Historia como Reino. Son varios os protagonistas individuais que o fan posible: reis como Teodomiro e Miro, por exemplo; pero sobre todo un home chegado do Oriente bizantino: Martiño de Dumio.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Do Cumio
ISBN: 9788482890449
Idioma: Gallego
Número de páginas: 124
Tiempo de lectura:
2h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Pontevedra
Especificaciones del producto
Escrito por Anselmo López Carreira
Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega. O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense ("Ourense no século XV", 1991; "A cidade de Ourense no século XV", 1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego ("A cidade medieval galega", 1999). Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV ("A Revolución Irmandiña", 1987; "Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía", 1991) e a edición de fontes documentais ("Padróns de Ourense do século XV", 1995; "O pleito das fortalezas da cidade de Ourense", 1998; "Libro de Notas de Álvaro Afonso", 2000; "Fragmentos de Notarios", 2007; "Libro de protocolos de Xoán García", 2007). De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como "Os reis de Galicia" (2003) ou "O reino medieval de Galicia" (2005) e a participación en varias obras colectivas de "Historia de Galicia". En Xerais ten publicados "O Miño. Un caudal de historia" (2015), "Historia de Galicia" (2016) e "Arte e escritura na Galicia medieval" (2019). Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense.