leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936

Edicións Xerais - 9788491215318

Historia local de España Galicia

Sinopsis de O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936

Memorias de Manuel González Fresco, fuxido asasinado na noiteboa de 1936 nos montes do Confurco. Obra de Víctor F. Freixanes pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista «Triunfo», o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional da Prensa en Niza.Catro décadas despois daquela primeira edición, volvemos publicar «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista «Triunfo», o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional da Prensa en Niza.Catro décadas despois daquela primeira edición, volvemos publicar «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491215318

Idioma: Gallego

Número de páginas: 176
Tiempo de lectura:
4h 7m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/06/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 272.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por VICTOR FREIXANES


Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista. En 1976 publicou «Unha ducia de galegos», libro de referencia na crónica da cultura galega contemporánea. Como narrador deuse a coñecer en 1982 con «O triángulo inscrito na circunferencia» (Premio Blanco Amor), novela que se considera xa un clásico da nosa narrativa. Outros títulos seus son «O enxoval da noiva» (1988), «A cidade dos Césares» (Premio Torrente Ballester, 1992) e «Cabalo de ouros» (2010). Entre 1988 e 1992 dirixiu Edicións Xerais de Galicia, posteriormente, as edicións literarias do Grupo Anaya, Alianza Editorial e, máis recentemente, Editorial Galaxia. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial na que se amosa unha ampla e variada visión histórica de Galicia. En marzo de 2017 foi elixido Presidente da Real Academia Galega.
Descubre más sobre VICTOR FREIXANES
Recibe novedades de VICTOR FREIXANES directamente en tu email

Opiniones sobre O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana