Sinopsis de O TRIANGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA
O Triángulo inscrito na Circunferencia e a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do seculo XX. Reditada agora en versión revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clásica da narrativa galega contemporánea. Fresco intemporal en que as epocas se funden e confunden nun quimerico Mar dos Espellos, tra´tase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxidado teñen a mesma foraza aos ollos da xente con problemas moi palpables e prácticos, mais cuxa vida sempre está a abeirar o mítico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da súa imaxinación O Triángulo inscrito na Circunferencia e unha das creacións máis singulares da novelística galega.