📗 Libro en gallego OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA (1971-1979)

Edicións Xerais- 9788491214670

Estudios literarios Géneros literarios

Sinopsis de OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA (1971-1979)

Un exhaustivo percorrido histórico polo inicio da banda deseñada galega.No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña.Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña.Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214670

Idioma: Gallego

Número de páginas: 344
Tiempo de lectura:
8h 11m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/01/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - ESTUDOS LITERARIOS
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 597.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XULIO CARBALLO DOPICO


Xulio Carballo Dopico (A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e en Teoría da Literatura e Literatura comparada pola Universidade de Salamanca. En 2015 doutorouse coa primeira tese arredor da banda deseñada galega, sobre a que leva publicado numerosos artigos e impartido conferencias nas universidades de Barcelona, Oxford, Lisboa e Salamanca, entre outras. En 2016 comisariou a exposición «BDG 70: a revolta do cómic galego» para a Sala Normal (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña). É membro da Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic (ACDCómic) e colaborador científico do grupo de investigación da USC «Intermedialidade, adaptación e transmedialidade no cómic, o videoxogo e os novos medios». Colabora tamén no xornal «Sermos Galiza» cunha columna dedicada á banda deseñada galega. Actualmente traballa como profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino medio.
Descubre más sobre XULIO CARBALLO DOPICO
Recibe novedades de XULIO CARBALLO DOPICO directamente en tu email

Opiniones sobre OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA (1971-1979)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana