Xeo e lume, novela que tivo serias dificultades para ser publicada nos Estados Unidos, acolle entre as súas virtudes a de interpretar o corpus ideolóxico do feminismo radical americano dos últimos vintecinco anos. Nesta novela faise unha analise da sexualidade ou, mais concretamente, das modalidades de subordinacion sexual da muller no sistema de dominacion patriarcal; da violencia de xenero que ten como expresion mais xenuina a pornografia e a prostitucion. A novela esta narrada en primeira persoa por unha muller que aspira a se converter en escritora. O periplo que a protagonista afronta adquire dimensions que exceden do meramente individual e privado, para trascender ao mundo colectivo das mulleres. Andrea Dworkim, a escritora norteamericana que encabezou en 1979 o grupo Mulleres contra a pornografia, permite que os personaxes se expresen sen eufemismos nin morneadas. Dura, aspera, as veces desesperanzada, a experiencia de vida mostrada por Dworkin vertese na linguaxe visual e na lingua. A lingua vai se o instrumento e o reflexo que materialice a violencia vivida polas mulleres nas sociedades patriarcais.