Edicións Xerais de Galicia vén de publicar unha nova opera prima, a novela O rei dos Ameneiros, de Antonio Rodríguez Baixeras (Ribadeo, 1950). Nela aparece un breve período (o tempo que vai desde febreiro ata o fin do veran de 1911) da historia da casa grande de Lagares, na Mariña luguesa, e as suas relacions sociais e economicas co medio rural e vilego, mesmo con outros lugares non galegos. O mesmo tempo, relatanse os tamen breves, ainda que decisivos, dias dun tal Pulpeiro, comerciante, de ideoloxia e con afans ``rexeneracionistas retirado a aldea coa sua filla Rosa e que entra en contacto cos señores de Lagares, Dona Clara e o seu fillo Gonzalo, e mais con outros personaxes tamen significativos no relato: labregos, caseiros, administradores, banqueiros, burgueses liberais e conservadores ou, simplemente, tolos ou vadios. Tratase, en xeral, dun panorama desa sociedade da epoca a partir dunha documentada analise dos condicionamentos que posibilitaron (e posibilitan) a paralise da nosa sociedade e mais a frustracion, en moitoscasos, do desexo de mudanza, ou, cando menos, de reforma.Escrita cunha tecnica marcadamente realista o servicio duna procura de ``sensacion de verdade, de mundo vivido e asimilado, da tamen cabida a certos elementos fantasticos que a propia realidade crea, isto e, que poden acontecer de verdade, ou ben, que poderian provir das fantasias ou devaneos dos mesmos personaxes. Calquera que sexa o valor que o lector lles conceda, parece indubidable, en xeral, o seu caracter alegorico, en coherente relacion co simbolismo de certos obxectos, como son "as cartas", a palabra que inicia a novela e que, finalmente, acabara sendo definitiva protagonista da mesma: miles de cartas, a maioria perdidas ou esteriles, enchen estas paxinas, escritas con estilo dunha feitura clasica, non acrentes de humor.
Ver más