Perfís e poéticas é un variado florilexio en tres tempos: Poética da palabra, Poética da ollada e Poética do espazo, unidos por un eixe común, que xa é constante na miña poesía, e que é o sentimento de cosmicidade, expresado aqui en homenaxe a un grupo de poetas, artistas plasticos e homes de pensamento, cuxas creacions me axudaron a abrir as leiras do sentido e a albiscar as multiples e sempre metamorficas facianas da realidade, os poliedricos angulos desde os cales e posibel ollar o ser, especialmente o ser da poesia. (...) Cada un dos poemas deste libro continuan, dalgun xeito, aquel Perfil cosmico para tres voces e unha terra de GALICIA FONDO VAL, no que me identifiquei con Rosalia, con Celso Emilio e con Otero Pedrayo e que agora se abre, en variada polifonia, coma unha oda coral na que canta o inmorredoiro espirito do genius loci da nosa marabillosa e melodiosa terra.