Amante dos amorodos, dos bambáns e dos caracois, Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. Membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Ademais, é un dos integrantes do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros e xogador retirado de pimpón. A súa conta en Instagram é @ai.marino. O libro de poemas «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, foi a súa primeira obra publicada, á que seguiu «Tacón, punta, tacón» (Xerais, 2025).
Recibe novedades de Anxo Iglesias directamente en tu email
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon
A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesia entendida como fonte de diversion. A poesia reivindicada, ademais, como unha dimension con entidade propia. Ler Unha nova dimension e asistir a un festival de creatividade. E un estimulo para a imaxinacion!