Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (Premio Extraordinario), exerce como profesor de Lingua e Literatura Galegas no Ensino Medio, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago (1996-1997 e 2000-2002). Como investigador e analista literario é autor das monografías “Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego” (1996), “Ánxel Fole e Á lús do candil”, (1997, en coautoría con Luís Alonso Girgado), “O mundo lucense de Ánxel Fole” (1997, en colaboración con Claudio Rodríguez Fer e Isabel Gómez Rivas) e “Escritores mindonienses” (1998). Foi, tamén, o editor da novela de Aníbal Otero “Esmoriz” (1994), da peza teatral de Luís Seoane “A soldadeira” (1996), da “Poesía galega” (1999) e mais a “Etnografía mindoniense” (2000) de Eduardo Lence Santar e do poemario “Primeiras cantigas do amor” (1999) de Xosé Díaz Xácome. Tamén se co-responsabilizou, xunto con Ramón Nicolás, da edición e estudio da escolma de conto galego actual “Materia prima. Relatos contemporáneos” (Vigo, Xerais, 2002) e de “Viaxe ao País dos Ananos” de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2004). Como crítico literario é colaborador habitual da revista “Tempos Novos” e mais dos xornais “El Correo Gallego”, “Faro de Vigo” e “Diario de Ferrol”.

Recibe novedades de Armando Requeixo directamente en tu email

Del 1 al 4 de 4
xose diaz jacome, poeta e xornalista-armando requeixo-9788496982543
Tapa blanda
XOSE DIAZ JACOME, POETA E XORNALISTA

Armando Requeixo

escritores mindonienses-armando requeixo-9788486046927
Tapa blanda
ESCRITORES MINDONIENSES

Armando Requeixo

vida e obra xose maria diaz castro-armando requeixo-9788498655162
Tapa blanda
VIDA E OBRA XOSE MARIA DIAZ CASTRO

Armando Requeixo

literatura insolita-armando requeixo-9788411764902
Tapa blanda
LITERATURA INSOLITA

Armando Requeixo

Del 1 al 4 de 4