Beatriz Maceda Abeleira
Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba. É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global. Publica os primeiros relatos, «Ela» e «Tuerka 27», na revista «Tempos Dixital». Logo virían o álbum ilustrado «Man. O alemán de Camelle» (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; «O álbum de Garrincha» (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e «Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán» (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica «Lúa en Ningures», o seu primeiro libro en Xerais, ao que seguiu «As sentinelas do silencio» (2022), «Teranga» (Xerais, 2024) e «Begoña ou o pracer da amizade» (Xerais, 2026). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, é autora do álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).

Recibe novedades de Beatriz Maceda Abeleira directamente en tu email

Del 1 al 7 de 7
as sentinelas do silencio-beatriz maceda abeleira-9788411101349
Tapa blanda
AS SENTINELAS DO SILENCIO

Beatriz Maceda Abeleira

teranga-beatriz maceda abeleira-9788411105323
Tapa blanda
TERANGA

Beatriz Maceda Abeleira

cando john lenno coñeceu a valle-inclan-beatriz maceda abeleira-9788494565472
Tapa blanda
CANDO JOHN LENNO COÑECEU A VALLE-INCLAN

Beatriz Maceda Abeleira

lua en ningures (gallego)-beatriz maceda abeleira-9788491214632
Tapa blanda
LUA EN NINGURES (GALLEGO)

Beatriz Maceda Abeleira

o album de garrincha-beatriz maceda abeleira-9788498656138
Tapa blanda
O ALBUM DE GARRINCHA

Beatriz Maceda Abeleira

begoña ou o pracer da amizade-beatriz maceda abeleira-9788411107655
Tapa blanda
BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE

Beatriz Maceda Abeleira

luisa villalta. alma de violino-eli rios-beatriz maceda abeleira-9788411104470
Tapa blanda
LUISA VILLALTA. ALMA DE VIOLINO

Eli Ríos y Beatriz Maceda Abeleira

Del 1 al 7 de 7