Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros". A riqueza e variedade da cociña tradicional galega e a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Television de Galicia, propon un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, a que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendacion dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xose Cermeño e ponlle cabo o epilogo do xornalista Tomas Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melon venlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pe da ria, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da sua porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xose Cermeño no prologo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, mais que polo seu titulo. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada a terra e a memoria". Un libro de receitas que e util a vez que gorentoso, que pola sua utilidade aproveita para cociñar e tamen aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, compre que conserve os sabores, texturas e recendos que constituen a base da memoria gastronomica galega. A que fai lembrar aqueles guisos solidos, cabais
Ver más