Benigno Fernández Salgado


Benigno Fernández Salgado e Licenciado en Filoloxía na Universidade de Santiago (1985) e Doutor en Filosofía pola Universidade de Oxford (1996). É profesor titular na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, onde imparte aulas de Lingua nos graos de Publicidade e Comunicación Audiovisual. Foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia (1985-88) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94). É autor das monografías Os Rudimentos da Lingüística Galega 1913-1936 (2000), e El Agricultor. Agrarismo Solidario e Rexionalismo Lingüístico (2007). Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego de Edicións Xerais e coordinou o Dicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades da Editorial Galaxia. Traduciu A Perla de John Steinbeck, o Diario de Eva de Mark Twain (Premio Ramón Cabanillas de Tradución), A Morte das Linguas de David Crystal, e Linguaxe: Unha Introdución ó Estudo da Fala de Edward Sapir.
Recibe novedades de BENIGNO FERNANDEZ SALGADO directamente en tu email
Del 1 al 7 de 7
CONSIDERACIONS SOBRE A DECADENCIA E A REHABILITACION DA LINGUA GA LEGA: HOMENAXE A MANUEL GARCIA BLANCO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA 9788497495271


DICCIONARIO DE DUBIDAS DA LINGUA GALEGA

GALAXIA 9788471547569


AGRICULTOR (REVISTA DE AGRICULTURA, EDICION FACSIMILAR)

XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL 9788445344057



MANUAL DE ESTILO DO CORREO GALEGO

COMPOSTELA 9788480641043


DICCIONARIO ELEMENTAL GALEGO-INGLES / INGLES-GALEGO

Edicións Xerais 9788483024171


DICIONARIO GALAXIA DE USOS E DIFICULTADES DA LINGUA GALEGA

Editorial Galaxia, S.A. 9788482887524


Del 1 al 7 de 7