A figura do dragón sobrevoa, a única cidade da redonda orientada ó crepúsculo. Así comeza Bieito Iglesias unha novela onde hai delincuentes sensitivos e prostitutas sentimentais (o que Nabokov chama ?literatura sensacionalista?); pero isto e a penas o folion que inicia a festa da noite do 24 de xullo en Compostela. O elenco de personaxes e faits divers ilustran un fragmento de vida historica na Compostela actual. Personaxes de variada traza, dende a clase media con infulas capitalinas o mendigo preindustrial, que orixinan escritas contrapostas ?literatura de decepcion versus poesia pasoliniana da bela xente que ignora as meiguices burguesas?. Individuos que non pretenden ser arquetipicos, e que, tocados polo anxo do singular, camiñan sos pola cidade e pola historia. Neste relato non hai alegoria ou desfile de mascaras, describese sen hiperbole e sen idilio. A musa que o inspirou ten un puñal. Pero si hai humor: a gargallada do pallaso branco que fai a burla dos demais; e a do pallaso vermello que ri a conta de si mesmo.
Antonio e Carlos fan festa no piso. Hoxe toca trasnoitar para comprobar unha vez máis as dúbidas, os afectos atoutiñantes tolleitos polos medos, que acaban por embargar a calquera fato de mozas e mozos que se xuntan no feitizo da alta noite. O poder da xuventude,a ansia de esgazar os misterios da vida, a necesidade imperiosa de amosarse, todo conspira para que un simple magosto sexa algo mais. Escoitanse sons da Nova Trova Cubana, ardidas discusions politicas, e ninguen repara na calidade dos bullotes que eles trouxeron de Ourense.
Paroulle o corazón cando acudiron a retirar as camisolas de durmir e logo, ó quedar pechado na escuridade e en mala postura, entregouse á compaixón de si mesmo. Víase mergullado nunha situación ridícula, de pelicula humoristica de baixa estofa, e non reaxiu ata sentir o reclamo de palabras acariciadoras. Guichou por entre as portas entreabertas do armario e estremeceuse o ver preto, moi preto, as pernas abertas de Molly e, esvarando polo ventre plano, a mata de pelo de Lillian.