Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, ben seguro que te asustarías. Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descubrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente.
Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera ainda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno mais bo e mais guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan mais nenos ca el.