Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega. A informacion proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da clave identificase a palabra de maior peso semantico do nucleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da frase diferenciase entre nucleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de significado presentase a definicion da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro linguistico ou de informacion metalinguistica. Por ultimo, no campo texto, proporcionase un exemplo de uso documentado, extraido de fontes literarias e xornalisticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxia Galega inclue, ademais, un apendice de correspondencias castelans das frases incluidas no dicionario.