Entrevistas con Dominique Petitfaux O home que creou a lenda do Corto Maltés converteuse a súa vez nunha lenda. Neste libro, pouco tempo antes da súa morte, explora os misterios da súa vida... Curiosa mestura de ascendentes franco-ingleses, xudeo-españois e turcos, Hugo Pratt nace veneciano e esperta a vida en Etiopia, onde descobre o fascismo e o amor, e onde tamen aprende a debuxar e a odiar o colonialismo. Con vinte e dous anos embarca para Buenos Aires, cidade na que pasa o tempo entre a banda deseñada, as viaxes e as extravagancias mundanas. Debuxou preto de nove mil pranchas, desde As de picas a Corto Maltes, personaxe no que tamen se inspirou para escribir a novela Corto Maltes. Balada do mar salgado. Na busca de aventuras, da varias veces a volta ao mundo. A outra viaxe e interior. Experto na Cabala, iniciado no vodu, descubridor do alleo en seis ou sete linguas aprendidas e faladas e trinta mil libros coleccionados, Hugo Pratt e o misterioso veneciano a quen imos atopar neste libro a caron das suas irmas negras, as suas curmas indias, as suas mulleres, os seus personaxes, os seus amigos e a morte...