Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor en lingua galega no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción científica «2044» (2012), á que seguiron: «A teoría do tempo imaxinario» (2013), novela tamén de ficción científica xuvenil escrita en feminino xenérico, e «O Gran Reino» (Xerais, 2014), merecedora do premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. No ámbito da literatura infantil publicou «O mundo máxico de Lía» (Xerais, 2020), «A miña amiga invisible» (Xerais, 2023) e «A nena do pixama estrelado» (Xerais, 2025). En lingua castelá ten publicadas tres novelas de misterio psicolóxico, «El club de los amantes arrepentidos» (2018),«La decisión de buscar a Sofía» (2021), «La insólita cuarentena de Clara Peleteiro» (2022) e a novela distópica «2M84» (2019).
Recibe novedades de Eduardo Santiago directamente en tu email
O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situacion, mergullase na lectura de forma compulsiva e vai diminuindo a sua necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razon e a conviccion de que o reino de Margonia esta agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saude, os pais ingresana nunha unidade somatica onde establecera unha relacion moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se convertera na sua confidente, na unica persoa que tera acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora debera descifrar, enton, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as caracteristicas dos catro reinos que conforman Margonia. Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira paxina ate o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narracion dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar. Unha noite, Lía foxe da casa e agochase detras duns arbustos esquivando a persecucion do seu pai. Na compañia de Glok, un trasno imaxinario, emprende unha aventura fantastica por un mundo maxico, soterrado baixo a cidade de Pontevedra. Lia non ten medo, e unha nena valente, disposta a enfrontarse ao que faga falta para volver xunto a sua nai, ainda que sexa o malvado lider dos homes rata.
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto do bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que non quere qu
Cando espertou, a nena do pixama estrelado decatouse de que non podía mover as pernas. Calquera outra, na súa situación, asustaríase, mais a nena do pixama estrelado non se asustou, non gritou, non se puxo nerviosa, non chorou. So pensou en cal podia ser o motivo de que as suas pernas non se movesen. No seu decimo aniversario regalaranlle cousas moi valiosas economicamente e tamen un pixama azul poboado de estrelas. Por algunha misteriosa razon, aquel pixama foi o agasallo que mais ilusion lle fixo e, talvez, un dos motivos polos que agora non poida mover as pernas. Hai outros motivos, claro que si, e a nena do pixama estrelado esta disposta a descubrilos todos.Unha historia de superacion sobre as mudanzas familiares e a axuda da amizade, a imaxinacion e o amor.