Elena Gallego


Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil «Dragal», publicada por Xerais: «Dragal I. A herdanza do dragón» (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); «Dragal II. A metamorfose do dragón» (2011); «Dragal III. A fraternidade do dragón» (2012); «Dragal IV. A estirpe do dragón» (2015) e «Dragal V. O segredo do dragón» (2019). Autora das novelas policiais «Sete Caveiras» (Xerais, 2014) e «Ata que a morte nos separe» (Xerais, 2025), da romántica «O Xogo de Babel» (Xerais, 2017), da histórica «O legado da nena do sal» (Xerais, 2024), e da infantil «O libro de Borboligón» (Xerais, 2025), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra «A promesa» (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa «Imos Contar Mentiras», «Pontevedra Ficción» e «Proxecto Legado» (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023). Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, participa en faladoiros e imparte conferencias. Fotografía da autora: Lois G. D.
Recibe novedades de Elena Gallego directamente en tu email
Del 1 al 9 de 9
HISTORIA BREVE DEL MERCADO DE TRABAJO

ECOBOOK: EDITORIAL DEL ECONOMISTA 9788496877276

Ver más ediciones

HAIKUS DE GUERRA

Hiperión 9788490020821


DRAGAL II

Edicións Xerais 9788499142210

Ver más ediciones

O LEGADO DA NENA DO SAL

Edicións Xerais 9788411104869

Ver más ediciones

HAIKUS CONTRACORRIENTE

OTA, SEIKO y Elena Gallego

Hiperión 9788490021163


ATA QUE A MORTE NOS SEPARE

Edicións Xerais 9788411106337

Ver más ediciones

SENRYUU DE EDO. HAIFUU YANAGIDARU

HIPERION 9788490022344


¿POR QUE SOY TAN SEXY?

GRIJALBO 9788415989370

Ver más ediciones

HAIKUS DE AMOR

Elena Gallego y OTA, SEIKO

Hiperión 9788490020586


Del 1 al 9 de 9