Desde que en 1975 publlcou a primeira novela de vagueiros en galego, A Morte de Frank González, este Hemingway de Nogueira de Ramuín non parou de demostrar que mesmo é capaz de tirarlle a un as bágoas do mais fondo do corazon como facer rir coa sua sorna en boca dos afiadores. (Nacho Miras, La Voz de Galicia, A Coruña) Franck Gonzalez e desde rancheiro, xerif, xenete, bandoleiro, xeneral do exercito da Union ou xogador de cartas ata ferreiro ou monxe. A estructura da novela de Fernandez Ferreiro, na que a oralidade xoga un papel trascendental, parte dos canons das novelas do oeste para alongar a sua estreitez e crear unha narracion chea de gracia, vivacidade e orixinalidade. (Fran Alonso, Diario 16 de Galicia, Vigo). Xose Fernandez Ferreiro ten o merito de iniciar espacios imaxinarios antes inexistentes. (Xose M. Eire, A Nosa Terra, Vigo) Xose Fernandez Ferreiro ten o merito de ter escrito, con bo coñecemento do xenero, o primeiro western da literatura galega, a morte de Frank Gonzalez. (Anxo Tarrio, Literatura Galega). Para Fernandez Ferreiro o fundamental e contar, narrar unha historia, construir unha ficcion. O seu estilo e directo, moi directo, sempre en funcion do contido, polo que nos recorda a Hemingway ou a Baroja. (Xavier Carro, Faro de Vigo).