É un libro-DVD con dúas realidades e un único obxectivo. A primeira realidade está na pantalla, da man do interesante documental de Gonzalo Veloso; onde a familia, os amigos, os compañeiros de profesion e as investigadoras miran baixo o chapeu negro para relatar quen era en realidade Roberto Vidal Bolaño, amosando unha singular vision que, sen dubida, axudara a comprender mellor a sua obra. A segunda realidade esta no libro, no texto escrito por Montse Pena Presas, que tenta desvelar que hai detras do nariz de pallaso, achegando dun xeito ludico e rigoroso as caractaristicas principais da producion do dramaturgo, sen esquecer o director de escena. Imaxe e palabra fundense para conseguir que calquera lectora, calquer espectador, remate o DVD e peche o volume pensando, unicamente, en mergullarse nas pezas dramaticas de Roberto Vidal Bolaño. Dende o patio de butacas ou a traves dun libro. Porque o teatro achega, tamen, esas duas maxicas posibilidades.