Guillermo Llorca publicaba no ano 1996 nesta mesma editora unha escolma biográfica de cen Ferroláns. O libro tivo moi boa acollida entre os lectores, ata o punto de que xa leva moito tempo esgotado.Neste 2018, para conmemorar o 25 aniversario da editora ferrola, aparece esta segunda edicion, con trescentos dezasete Ferrolans. Son un amplo abano de mulleres e homes xa desaparecidos, que destacaron nalgun campo da creacion artistica, da politica, da empresa, do sindicalismo, da milicia, da aviacion, da ciencia, da medicina, da xurisprudencia, do ensino, do cine, da musica, do xornalismo, do deporte, e doutras facianas da vida.