Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquia, liberdade, moralidade... e realiza un canto ao mar e as suas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado ''''o anxo exterminador'''' pola sua xenreira aos españois e un xentilhome languedociano da segunda metade do seculo XVII, que pasa a sua xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olones, Morgan, etc. Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as duas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixion, as monarquias absolutas, o ambiente corsario breton, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografia do golfo de Saint-Malo, burlandose das leis e mostrando o seu gusto pola poesia goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlantico de Narrativa galega e portuguesa na sua ultima edicion.Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquia, liberdade, moralidade... e realiza un canto ao mar e as suas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado ''''o anxo exterminador'''' pola sua xenreira aos españois e un xentilhome languedociano da segunda metade do seculo XVII, que pasa a sua xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olones, Morgan, etc. Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as duas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixion, as monarquias absolutas, o ambiente corsario breton, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografia do golfo de Saint-Malo, burlandose das leis e mostrando o seu gusto pola poesia goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlantico de Narrativa galega e portuguesa na sua ultima edicion.
Ver más