O caderno azul, libro moi emotivo centrado no tema dun contaxio de SIDA, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica vai escribindo no caderno azul que lle regalou o seu avo os seus sentimentos mais profundos. Narrado cunha linguaxe moi sinxela, e empregando unha tecnica narrativa como se fose a dun collage, en anaquiños moi breves a autora vainos desvelando a historia o longo das catro estacions do ano. Texto valente, verosimil, ben construido, reivindica sen sentimentalismos maniqueos os valores da amizade e a solidariedade entre os preadolescentes, acentuando o necesario respecto a diferencia con todas aquelas persoas que padecen a SIDA. Fermosamente ilustrado por Ricardo Perez Rilo, constitue unha homenaxe para todos aqueles nenos e nenas que sofren unha enfermidade. Un libro oportuno e conmovedor.