Irene Pérez Pintos (Vigo, 1954), licenciada en Filoloxía Románica pola USC, traballa dende hai anos como profesora de Lingua galega no ensino (público) secundario. É autora de varios contos infantís: Ire (2000), Manu (2001), O porco centelludo (Xerais, 2003) e «Cousas que facer en días de chuvia», publicado no volume colectivo Quéroche contar un conto (Xerais, 2010); do manual de regulares maneiras Etiqueta para todos (Xerais, 2009) e da unidade didáctica Xosé Mª Álvarez Blázquez (Xerais, 2008). Tamén é nai orgullosa de dous fillos e dunha filla, e irmá de Rodrigo Pérez Pintos.
Recibe novedades de Irene Pérez Pintos directamente en tu email
Que facer se o príncipe co que estás falando ten a cremalleira do pantalón desabrochada? E se a ministra que se achega a saudarte ten un moco asomándolle no nariz? Son moitas as ocasións en que te asaltan dúbidas semellantes. Non esperes atopar aquí as respostas. Neste manual non se contempla a totalidade de situacións da vida social. Pero abofé que será de grande axuda para chegares a ser a persoa educada e civilizada que a humanidade necesita que sexas.
Irene Pérez Pintos, profesora de lingua e literatura do IES O Castro de Vigo, preparou “Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica” un material educativo concibido para unha abordaxe integral nas
Unha princesiña xogaba na praia co seu papaventos e cando viu un porco tomando o sol nunha toalla se lle escapou. Axiña o porco recuperouno e a nena, moi agradecida, bicouno nos fuciños; entón apareceu un fermoso principe o que unha bruxa enfeitizara. A vida danos sorpresas e non todo e o que aparenta ser.Unha princesiña xogaba na praia co seu papaventos e cando viu un porco tomando o sol nunha toalla se lle escapou. Axiña o porco recuperouno e a nena, moi agradecida, bicouno nos fuciños; entón apareceu un fermoso principe o que unha bruxa enfeitizara. A vida danos sorpresas e non todo e o que aparenta ser.
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo