As augas transparentes das Antillas poden agochar segredos horribles, perigos e mesmo un enorme monstro, moi verde e do tamaño dunha illa! Un barquiño cargado de mariñeiros á procura dun lugar onde poder encher de auga as suas barricas baleiras encallara enriba do monstro. Os berros de terror dos mariñeiros mesturanse co riso despiadado do animal.
Seis adiviñadores sabichóns unha pataca asaron. Seis adiviñadores, moi sabichóns, de marabilla cearon... Cada vez son menos os sabichóns que preparan a cea, pero van comendo máis e máis: unha pataca, duas lebres, tres miñatos, catro bacallaus, cinco ovellas e seis tenreiros. Tratase dun divertido conto de atractivas cores para introducir os mais cativos no mundo dos numeros.