No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no ultimo terzo do seculo XX.Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñons sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a sua publicacion por causa dunha censura que tamen perseguiu a sua dramaturxia. Por medio de varias historias que se cruzan nos peores dia do 36, ambientase nunha retagarda belica dunha indefinida parroquia que agacha o seu Xeve natal, onde unha serie de personaxes son tristes protagonistas da utilizacion dun terror que racha cos equilibrios dunha sociedade que queda inmersa no sufrimento.Nestas narracions percorrense realidades que van desde a negacion da lingua galega, a presenza imperativa da relixion, a leva obrigatoria, o traballo forzado ata o abuso e explotacion das mulleres. Obra que, de publicarse no seu tempo, converteria a Ruibal nun pioneiro na tematica da Guerra Civil na nosa literatura.