Esta obra é un traxecto polos referentes espaciais físicos que teñen xerminado no val fértil de Cantares gallegos (1863), á vez que unha carta de navegación polos mares interpretativos da biografía espacial da escritora posromantica Rosalia de Castro (1837-1885). Tratase dun estudo orixinal, tanto no fondo coma tamen na forma, pois as explicacions dadas nel amplianse cunha practica mostra fotografica de moitos dos lugares relacionados con Rosalia. Sumase, asi, aos inxentes homenaxes que se lle teñen feito a escritora galega mais internacional:Poderan pasar outros cento cincuenta anos mais, pero toda apunta a que Rosalia de Castro e Cantares gallegos teran vixencia ata o fin dos tempos literarios. Como fixera Homero na sua Iliada, ela soubo expresar a sua indignacion ante a situacion que tiña diante, o que esixia unha volta atras, unha reflexion verbo dalgunhas das orixes que provocaban o crepusculo de Galicia e dos seus habitantes; e deixou como legado non so unha recolleita da tradicion popular galega, senon tamen unha reelaboracion deses anacos historicos que coñecemos como cantigas. Isto convertea, cando menos, na iniciadora do poema epico do rural galego.
Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros é o título dun novo libro da escritora lucense Lucía García Vega. Unha vez máis, Edicións do Cumio aposta polo rescate e a difusión dunha gran figura galega. Ademais de aportar datos ineditos sobre o admirado poeta compostelan e un dos promotores do simbolico banquete de Conxo (1856), esta investigadora reune, entre outras cousas, un numero importante de textos dedicados a Aurelio Aguirre, en prosa e tamen en verso, polas principais voces da intelectualidade galega e foranea da segunda metade do seculo XIX e a primeira do XX.Os irmans Francisco e Antonio de la Iglesia, Manuel Murguia, Alfredo Vicenti, Valentin Lamas Carvajal, Rosalia de Castro, Eduardo Pondal, Jose Lopez de la Vega, Manuel del Palacio, Antonio Villar Ponte, Emilia Pardo Bazan, e un longo etcetera ata completar a variada nomina de corenta e sete suxeitos dos mais diversos ambitos. Asi mesmo o libro conten un prologo de excepcion, elaborado polo maxistrado da Sala 1ª do Tribunal Supremo de Madrid, don Jose Antonio Seijas Quintana, descendente de Aurelio Aguirre.