Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet, promovida pola Comisión Europea, nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores da Universidade de Vigo dende distintas especialidades: historia, ciencia politica e da administracion, socioloxia e economia. Asi Luis Dominguez Castro aborda os aspectos historicos analizando, entre outros aspectos, a idea de Europa no pensamento español do seculo XX, as relacions coas Comunidades durante o franquismo e na etapa democratica. Celso Caneda Outeda estudia o sistema polçitico-institucional e xuridico da Union Europea. Argimiro Rojo Salgado estudia as Comunidades Autonomas e a Union Europea. Alberto Saco Alvarez analiza a converxencia demografica entre España e Eauropa. Manuel Gonzalez Fernandez expon as transformacions e imaxinarios dos espacios e sociedades rurais. Xulio Pardellas de Blas analiza os aspectos economicos, realizando unha analise comparada da economia española e europea e estudiando, entre outros, aspectos de economia aplicada referida a sectores como a agricultura, pesca e o futuro do turismo. Por ultimo, Monica Lopez Viso aborda as politicas comunitarias referidas ao emprego, Enrique Jose Varela Alvarez as politicas publicas e medioambientais e Xan Bouzada Fernandez as politicas culturais.Deste xeito ofrecesella aos alumnos e alumnas, e ao publico galego en xeral, unha ferramenta util para informarense sobre o futuro de Europa e para dalgun modo, participar nun debate sobre as institucions comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do legado historico de todos os europeos. Asi mesmo e tamen unha ferramenta para buscar colectivamente formulas que nos permitan conservar os sinais basicos da nosa identidade cultural e ser participes dun novo desenvolvemento comunitario mais solidario.
Velaquí a historia agraria do Ribeiro nos dous últimos séculos. Unha das terras máis ricas, emblemáticas, e de máis tradición e sona de Galicia. Abonda con mencionar o nome desta comarca para que encoen nos nosos sentidos sensacións calorosas, relembros saudosos, ledicias vividas e pousos históricos, di no limiar o catedrático Ramón Villares. O autor aborda o coñecemento desta bisbarra a través de dúas liñas de investigación: o estudio da propiedade da terra e o estudio das familias (as economías familiares) arredor da súa principal fonte de riqueza e comercio: o viño. A desamortización de Mendizábal, os movementos agrarios, a redención do foro, as clases sociais, os tipos humanos, os traballos da vendima, as cerimonias e celebracións, os mercados, o transporte, a alimentación, a cultura doméstica e popular, etc., aparecen nestas páxinas coa sistematización obrigada do investigador, pero tamén co talento de quen sabe mergullarnos nun mundo de sorprendente riqueza e seducción.