Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos. A nena e o grilo e o novo libro-CD que agora ve a luz dentro da coleccion mais musical de OQO editora, Q son. Un mosaico de textos, cancions e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magin Blanco se encarga de encaixar todas as pezas. Mais o musico ourensan non esta so, nesta aventura acompañano as carismaticas e persoalisimas voces de Uxia, Fred Martins, Guadi Galego, Ugia Pedreira e ata un coro de nenos. Eles poñen a musica, e Ivan Prieto, as imaxes. O ilustrador galego utiliza unha multitude de recortes con diferentes tonalidades e texturas para as imaxes. A aposta de Prieto pola colaxe debese a que e a tecnica que mellor lle acae a esta historia hibrida e heteroxenea. Ademais, decantase por unha estetica actual, e situa as aventuras dos protagonistas no marco da cidade, onde explota elementos urbanos como a publicidade, ou os carteis. A linguaxe, alen de ser un dos eixos tematicos de A nena e o grilo, goza dun protagonismo especial dentro das paxinas. Unhas veces, Ivan Prieto resalta as palabras mediante a tipografia e outras, nun intento por integrar o texto nas ilustracions aproveita certos espazos das imaxes como contedores textuais: unha pinga de auga, o ubre dunha vaca, o tronco dunha arbore A nena e o grilo e o resultado do labor conxunto de moitas persoas que cren que calquera traballo para os nenos e nenas debe ser tratado con esmero e coidado tanto no apartado das imaxes, coma no musical, os arranxos na producion e na interpretacion. Esta atencion maxima resulta imprescindible para un proxecto que esta pensado para conectar a escola coa vida e adoptar unha actitude critica e construtiva a prol de valores basicos respecto pola natureza, liberdade, solidariedade, afecto, convivencia, identidade, amizade... . Para iso, precisase un sistema de valores compartidos e de materiais que se poidan integrar dentro dos procesos de aprendizaxe. Dun xeito sinxelo, delicado e
Ver más