Emilio Pérez Touriño debulla nesta longa conversa con Manuel Lombao as claves do seu proxecto político para Galicia en asuntos tan decisivos como as infraestruturas, a ordenación territorial, a reforma estatutaria, a educacion ou a lingua. E xunto ao politico que dirixe o rumbo do pais desde a presidencia da Xunta de Galicia, comparece tamen neste libro un Perez Touriño apenas coñecido polo publico, que nos fala das suas orixes familiares, da sua adolescencia, das suas experiencias militantes e da sua vida academica, asi como das circunstancias e motivos que o levaron a renovar o socialismo galego e a liderar o proceso que conduciria a formacion do primeiro goberno de esquerdas da historia de Galicia.