Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o "jefe" da trama corrupta do Instituto Noos, onde estan implicados Iñaki Urdangarin e a sua esposa, a infanta Cristina. Temos unha monarquia caduca, desprestixiada, que non ten futuro e que non foi elixida polo pobo. A chamada dinastia borbonica non existe e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relacions de reis e raiñas con amantes e moi dificil saber quen e o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como ?El Puigmoltejo?, non era fillo de Francisco de Asis de Borbon y Borbon, esposo da raiña Isabel II, senon de Enrique Puigmolto i Mayans, tenente de enxeñeiros. O que cualifican moitos libros de historia como o "Rexime", que tivemos de 1936 a 1977, foi en realidade unha ditadura criminal, equiparabel, segundo a ONU, a Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e as leis da ditadura. Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, ainda quedan moitos restos do franquismo, como o pazo de Meiras e unha gran fortuna da familia Franco. Unha Fundacion, que recibe fondos publicos para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxia fascista por todo o Estado e 150.000 persoas vitimas da represion continuan en cunetas e foxas. Permanecen as distincions honorificas e titulos nobiliarios a golpistas e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos por Franco. Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, ainda non condenou a ditadura franquista. Esta en marcha a Querela Arxentina para xulgar os crimes do franquismo, que gozan aqui de impunidade porque, en virtude do pacto da Transicion, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE e PP interpretaron a Lei de Amnistia de 1977 como unha lei de punto final." Manuel Mong
Ver más