Nun mundo no que os medios de comunicación e o trafego cultural más celerico facilitan a posibilidade dunha "cultura global", dunha cultura tecnificada, mercantil e homoxenea, e dunha "industria cultural global" que se poderia concibir -tal como escribe Manuel Outeiriño no limiar- como unha "nova tradicion" mercantilizada, a do "folclore do capitalismo", e fundamental levar a cabo unha reflexion critica sobre este fenomeno. Neste volume realizase esa critica, que e a critica do topico do que se difunde co nome de globalizacion cultural, nome baixo o que, realmente, o que se difunde e imita e a cultura mercantil corporativa estadounidense e a producion e xestion cultural ao xeito corporativo das multinacionais. Os autores MARTIN ALBROW e profesor visitante distinguido na London School of Economics, profesor emerito da University of Wales e autor de The Global Age (1996). ARJUN APPADURAI (Bombay, 1949) e profesor de Ciencias Sociais da New School de Nova York, da que e director dende o 2003, escribiu, entre outros, Modernity at large: cultural dimensions of globalization (2006). ALEXANDER CALLINICOS (Zimbabwe, 1950) e director do Centro de Estudos Europeos do King¿s College de Londres e autor de Contra o Postmodernismo (Laiovento, 1994). FRED HALLIDAY (1946-2010) foi catedratic
Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir.A expresión destes versos non está en consonancia con preceptiva ningunha: explora esgazaduras, fendas, desconcertos típicos dos nosos días. O poemario móvese entre o sublime e o popular, tal que, nos tempos modernos que corren, quizais o popular e o sublime sexan cousa semellante: expresar a nosa posicion perante a continxencia. Igual ca Epicuro insistiu na prolepse e no pracer da amizade, Manuel Outeiriño insiste na amizade coas palabras e incluso con algunha expresion que da para matinar na imprecision vital. A poesia, ben mirada, e o pulso, e non a imaxe, que manten ainda as arelas; a poesia e onde pousa o remol do sentido.
A colección Dombate, que Editorial Galaxia dedica á poesía, publica ''É'', un libro de Manuel Outeiriño no que a linguaxe aproveita todo o seu potencial sonoro e a poesía se contaxia do xogo para intensificar a sua capacidade de chegar ao lector ou lectora. Coa publicacion deste poemario de Outeiriño, Galaxia continua a sua liña editorial de poñer nas librerias, ao caron de novas edicions de titulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a sua obra durante os anos oitenta e noventa. Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeiriño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emocion do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado. Segundo Manuel Outeiriño, en ''E'' buscase certa diccion entremedias Ungaretti e os Irmans Tonetti. Pola sua banda, a poeta Maria do Cebreiro Rabade Villar afirma que .Manuel Outeiriño e un poeta musico porque, como nunha emulatio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agonico), e consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son.