Entre santos e navallas, porque Manuel María gustaba coleccionar navallas que arestora adóitase dicir de multiuso, incorporados a elas abridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortar
Botar unha ollada ás páxinas deste volume é como mirar un revelador calidoscopio. Escribe o autor sobre Ánxel Fole na néboa da memoria, ou do Martín Codax que estudiou Luz Pozo, nunha achega ao mellor coñecemento da literatura medieval galego-portuguesa. Do adeus a Laxeiro desde o Fisterra ou da travesia lirico-onirica polo mar de Bouza Brey. Do retorno a memoria de Tagen Ata ou da sombra de maio en Pimentel. De Landeira, Filgueira Valverde, Valle-lnclan, Colmeiro, Blanco Amor, Alvaro Cunqueiro, Luis Seoane, e tantos mais que despertaron a sua meditacion, aberta a xenerosa aventura da rosa dos ventos.