Unha xornalista con moito o cio, María José Lorenzo, nada en Pontecesures, asina un libro sen pretensións literarias, lineal pero intenso, de moi doada lectura e dunha e cacia sorprendente para contar unha historia humana que non pode deixar a ninguen indiferente.Un relato en primeira persoa no que unha rapaza como outra calquera, perruqueira en Arcade, que casa e vai de lua de mel a Cancun (Mexico), se ve inmersa nunha peripecia vital propia dunha pelicula. Primeiro o carcere, coa desesperacion do inocente que non pode facer valer os seus dereitos e que nesa impotencia se sinte morrer. Despois, a solidaridade mundial e a ledicia da liberacion. E, por n, a fama tinguida de polemica na que se mesturan consideracions de todo tipo, desde o dereito de Ana Maria Rios a amosarse en topless (de forma tan natural como o faria na praia) na portada da revista Interviu, ata as consideracions morais mais cavernicolas ou o rexeitamento que provoca esa utilizacion do corpo feminino. Toda a historia, cos feitos, as re exions, os medos e as alegrias en cada momento ao longo duns meses nos que Ana Maria pasou de cote do desexo de morrer aos intres mais felices.