Mª Pilar Freitas Juvino (Campo Lameiro, 1960) é liceciada en Filoloxía Románica e doutora en Filoloxía Galega. Desde hai varios anos vén exercendo a docencia como profesora de ensino secundario no IES Valle Inclán de Pontevedra. O seu interese investigador céntrase no estudo e defensa da diversidade lingüística e no ecoloxismo das linguas, achegándose aos procesos de conservación e normalización lingüística, nomeadamente do galego, como solución ao drama da substitución e morte das linguas.
A represión lingüística en Galiza no século XX é o resultado da súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Anxo Lorenzo e defendida no Universidade de Vigo en decembro de 2006.
Recibe novedades de MARIA PILAR FREITAS directamente en tu email
Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalización Lingüística, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o