O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade urbana de Compostela neses tempos: dende a reticulacion urbana e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles esteticos e particulares da vida social e cultural do momento. Nos anos do noso percorrido a vida social (ilustrada no traballo de Baldomero Cores Trasmonte, ?Minerva de Occidente?) da cidade xira, esencialmente, entorno a duas realidades sociais contradictorias: relixion e cultura. As actividades sociais e de feito economico da relixion parten da realidade das pelerinaxes e Festas do Apostolo (Catedral) ou da formacion (fabrica) de curas, monxes e frades (seminarios e conventos). Noutro extremo o feito cultural (ilustrado polo traballo de Miguel Anxo Seixas Seoane, A capital do Santo Iago) organizase entorno aos aspectos formativos relacionados coas Facultades e Centros de Ensino. Mesmo se nos tempos do noso estudio a Universidade oficial non e un exemplo de evolucion e progreso o feito da presencia de miles de estudiantes vai configurar gran parte da vida social e cultural. A maiores, a cidade, xa considerada como capital de Galicia, vai vivir grandes momentos creativos fundamentados entorno ao galeguismo nos aspecto culturais e politicos: dende a creacion das Irmandades da Fala, o Partido Galeguista ou a Asemblea de Municipios ata o Seminario de Estudios Galegos, a Imprenta Nos ou a Biblioteca das Americas.A definicion da cidade, a maiores do aspectos urbanisticos, relixiosos, culturais, politicos..., chama a capitulo ao maximo expoñente e autor da sua creacion, o morteiro e animador (etimoloxicamente dar alma, dar vida), o traballador individual recoñecido no ser colectivo de pobo. Dende os fundamentos canteiros, ferreiros, carpinteiros... deron vida a materia: moldearon a pedra, os metais, a madeira.