Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporaneas. Agora ve a luz a sua segunda edicion, revisada e aumentada con dez poemas ineditos ate agoa.O seu autor, que formou parte do mitico Batallon Literario da Costa da Morte, desenvolve neste libro unha lirica apegada ao territorio e ao idioma, rigoroso na tradicion metrica e ambicioso na busca da excelencia literaria.Velaqui pois o forte vinculo sensitivo que nos ofrece Modesto Fraga entre os corpos amados e a paisaxe mariña fisterra, Miro Villar.
Sempre se dixo que os poetas son os mellores custodios da memoria colectiva dos pobos. Desde a época antiga ata os nosos días a historiografía serviu para dar conta de acontecementos memorables compartidos polas xeracions do pasado, do presente e do futuro. E fundamental, xa que logo, evitar que as brumas da desmemoria escurezan para sempre o valioso legado cultural que herdamos e que nos compre protexer, coidar e por en valor. Sabemos da existencia da mitica cidade asolagada de Dugium porque asi nolo recorda o Codex Calixtinus, importante manuscrito iluminado do seculo XII considerado a primeira e mais importante guia do Camiño de Santiago; e sabemos que habitamos as terras do Nerion Akroteriom ou Promontorium Celticum grazas a que xeografos clasicos como Plinio, Strabon ou Ptolomeo asi o recollen nas suas imperecedoiras cronicas. Velai este ramillete de pequenas estampas cotias polas que van asomando historias protagonizadas por homes e mulleres que habitaron e habitan este milenario confin atlantico. Eles e elas son as verdadeiras almas da fisterrania