Esta obra de finais do século XVIII é a máis célebre de Nicolas Chamfort, que nos ofrece aquí unha visión desapaixonada e lúcida da Revolución Francesa e da época que lle tocou vivir. Este agudo, brillante, e por veces, cinico, enciclopedista non deixou de criticar os excesos da Revolucion, malia ser partidario dela, e opuxose ferventemente ao Terror, polo que foi encarcerado. Un conxunto de maximas, sentenzas e anecdotas sobre multitude de temas, que ainda hoxe seguen vixentes.Esta obra recibiu unha axuda da Secretaria Xeral de Cultura, Conselleria de Cultura, Educacion e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a traducion do ano 2016.